Últimas novas

Campionato de España Senior, Memorial Francisco Estévez
Virginia Esteban do Club Capital e José Gonzalo de Galaxy proclamárose campións do Campionato de España Senior, Memorial Francisco Estévez, organizado polo Club Bowling Celta. Ambos, acompañados de Juan Ramonde, Manuel Martínez, Guillermo Berganza, Ángeles Sánchez, Encarni Marazuela e Milagros Albert, representarán a España no World Senior Championships das Vegas o próximo mes de setembro.

Máster Bowling
Francisco Rodríguez, Campión no Máster Bowling FEB; Jesús Briceño Cañizo, 3 clasificado. Ambos, o segundo con só 20 anos, formarán parte do equipo Español de bowling absoluto. Luis Briceño, sétimo clasificado: de novo tres xogadores do Club de Bolos Celta na Selección.

O Club Bowling Celta Subcampión da Liga Nacional de División de Honor
O Club Bowling Celta 4 proclamouse subcampión da XXXIII edición da Liga Nacional de División de Honor, despois de vencer na concentración disputada en Chamartín (Madrid). Rubén Orche conseguiu o trofeo ao xogador que máis bolos derribou en total na Liga, e o Celta foi o Club que máis bolos derribou despois dos 21 enfrentamientos